Noticias

Ourense abre inscricións para a 48ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abriu hoxe o prazo de inscrición para a edición número 48 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, unha das citas deportivas máis emblemáticas da cidade e de Galicia.

A presentación tivo lugar esta mañá no salón de plenos do Concello, onde se detallaron as novidades desta edición.

Ourense abre inscricións para a 48ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño

A carreira celebrarase o domingo 9 de novembro, cun percorrido inédito de 10 quilómetros, que comezará ás 11.00 horas na Ponte do Milenio e rematará na Praza de Concepción Arenal. Segundo explicou o alcalde, Gonzalo Jácome, trátase dunha proba histórica: “a carreira por excelencia de Galicia: a máis populosa, antiga e a que máis xente move”.

Ourense abre inscricións para a 48ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño
Foto: Concello de Ourense

O percorrido adaptause este ano ás obras da avenida de Portugal e foi homologado pola Federación Galega de Atletismo. Destaca o tramo final de case 3 km en liña recta desde Mariñamansa ata a meta na Praza de Concepción Arenal, que, segundo o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, “vai ser unha delicia”.

Percorrido completo da carreira absoluta

A proba sairá da Ponte do Milenio e avanzará por Xesús Pousa, Avenida de Marín, Otero Pedrayo, Castelao, Cardenal Quevedo, A Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben Cho Shey, Galicia, Ramón Puga, A Saínza, Avenida de Zamora (ata a glorieta da estrada de San Cibrao), Avenida de Zamora e Progreso, ata a meta na Praza de Concepción Arenal.

Inscricións e modalidades

A carreira está aberta tanto a atletas con licenza federativa como a corredores populares. As inscricións permanecerán abertas ata o 2 de novembro na web Carreiras Galegas, cun prezo de 5 euros ata o 22 de outubro e de 7 euros posteriormente. Ademais, os participantes poden facer unha doazón a favor da asociación Afaor, beneficiaria do dorsal solidario.

Como novidade, este ano haberá carreiras por categoría con saídas cada 10 minutos:

  • Sub18 (12.10 h), Sub16 (12.20 h), Sub14 (12.30 h): 4,5 km
  • Sub12 (12.50 h) e Sub10 (13.05 h): 1,1 km
  • Carreira inclusiva (13.20 h): 1,1 km

O acto de presentación contou coa participación de representantes do Concello, Xunta, Deputación, Federación Galega de Atletismo, entidades colaboradoras e empresas patrocinadoras, así como da presidenta de Afaor, María Dolores Meira.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.