O Auditorio de Cartelle acolle este sábado, 18 de novembro, a estrea do espectáculo «Es feminista?» que ten a Uxía Morán e Antea Rodríguez como protagonistas.
Esta comedia, dirixida a un público familiar terá a súa primeira representación ás 18:30h e permitirá descubrir a transformación que sofre unha das protagonistas.
Cartelle acolle a estrea de «Es feminista?»
Tras uns meses afastadas, Uxía e Antea reencóntranse de novo e unha delas explica o cambio sufrido durante o verán. «Antea debo dicir… que son feminista». Machismo, feminismo e mesmo unha crise existencial que tamén inclúe unha canción de Bad Bunny e un análise da súa letra.
Humor para todas as familias que inclúe o concurso «Quen quere ser feminista» con probas e preguntas nas que os asistentes teñen moito que dicir.