Cartelle acolleu a concentración contra a «invasión eólica» e a petición dunha moratoria na tramitación de novas licencias.
Convocada pola Coordinadora Eólica Así NON, esta concentración protestaba contra o novo plan eólico de Galicia.
Cartelle acolleu a concentración contra a «invasión eólica»
Os organizadores sinalan sobre este plan que «a súa finalidade non é planificar a implantación ordenada da eólica no país, senón reafirmar a vontade clara e inequívoca da Xunta de burlar as decisións xudiciais e esquivar as paralizacións cautelares de proxectos eólicos».

Durante o acto, pediron «suspender antes de calquera ordenación todo os proxectos eólicos e liñas de evacuación que se atopan en tramitación, ou que foron autorizados recentemente e non executados». Ó mesmo tempo, solicitan «unha nova planificación do sector terá que vir da man dunha necesaria moratoria eólica«.