Noticias

O caso Nevenka chega a Ourense 22 anos despois

O caso de Nevenka Fernández chega a Ourense 22 anos despois da man de Charo Velasco García, voceira do PSOE en Ponferrada no ano 2001.

Dentro da actividade que o PSdeG-PSOE provincial de Ourense realiza na Casa do Pobo atopamos o parladoiro no que participou Charo Velasco García.

O caso Nevenka chega a Ourense 22 anos despois

Voceira do PSOE no concello de Ribadavia nos primeiros anos do século XXI, viviu de primeira man o caso Nevenka. Segundo explicou ós presentes, «Nevenka, concelleira entón do PP, púxose en contacto días antes de falar cos medios para contarme o calvario que estaba vivindo co por aquel entón alcalde de Ponferrada, Ismael Álvarez, que a acosaba laboral e sexualmente».

Trala denuncia realizada por Nevenka Fernández, o alcalde de Ponferrada foi condenado. «Supuxo un antes e un despois, xa que foi a primeira vez que un político era condenado por acoso sexual» indicou Charo Velasco.

O caso Nevenka chega a Ourense 22 anos despois
Foto: PSdeG-PSOE

No repaso que Charo Velasco fixo dos feitos acontecidos, destacou que Nevenka «foi unha muller moi valente, porque iso mesmo que lle acontecía a ela sucedíalle tamén a moitas outras mulleres de España e do mundo, nunha época na que había moitos menos instrumentos para loitar contra o acoso sexual e a violencia de xénero».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.