Noticias

Castelao grafista chegará a Xinzo de Limia

A exposición «Castelao grafista» chegará a Xinzo de Limia grazas á colaboración de Afundación, o concello de Xinzo de Limia e ABANCA.

Coa sinatura do convenio de colaboración entre as tres entidades, a exposición chegará a Xinzo de Limia para ser exposta entre o 10 de outubro e o 8 de novembro na Casa da Cultura.

Castelao grafista chegará a Xinzo de Limia

Amador Díaz Penín, alcalde do Concello de Xinzo de Limia; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Pilar Sobrino, directora da oficina ABANCA de Xinzo de Limia; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano rubricaron este convenio.

Castelao grafista chegará a Xinzo de Limia
Foto: Afundación

O horario de visita será de luns a venres entre as 9 a as 14:30h e entre as 15:30 e as 21h. Os asistentes a esta exposición poderán ver facsímiles da Colección de Arte Afundación, retratos autográficos, caricaturas, debuxos do álbum Cousas da Vida de Castelao e portadas de revistas.

Botón volver arriba