O CB Athlos brilla en Granollers e Ourense nas ligas nacionais e promesas durante as competicións celebradas esta fin de semana.
O Club Bádminton Athlos tivo unha destacada actuación na segunda manga da Liga Nacional Primeira Ouro 2025, disputada os días 22 e 23 de febreiro en Granollers (Barcelona).
CB Athlos brilla en Granollers e Ourense
O equipo ourensán logrou tres vitorias sólidas ante os seus rivais:
- Athlos 5-2 CB Paracuellos
- Athlos 5-2 Caser Grupo Helvetia Clear Madrid
- Athlos 5-2 CD Universidad Valladolid
Con estes resultados, o CB Athlos sitúase no 5º posto da clasificación xeral. A nivel individual, Ana Nóvoa lidera a clasificación de xogadores/as, mentres que Antonio Iglesias e Sara Ezquerro consolidáronse no Top10 da competición.
A seguinte cita da liga será os días 22 e 23 de marzo en Benalmádena (Málaga), onde o CB Athlos buscará seguir escalando posicións.

Bos resultados na Liga Promesas Galicia 2025
Tamén houbo acción para os máis pequenos na Liga Promesas (sub13) Galicia 2025, cuxa primeira manga se disputou o 22 de febreiro no Colexio Miraflores de Ourense. O CB Athlos sumou unha vitoria e dous reveses:
- Athlos 4-1 CB As Neves
- Athlos 1-4 CD Hydra
- Athlos 1-4 Escola Rosalía Trafema
A pesar dos resultados dispares, a canteira do Athlos continúa progresando e acumulando experiencia en competicións de alto nivel, con moitos dos seus xogadores mostrando un gran potencial para o futuro.
O CB Athlos segue demostrando a súa forza tanto a nivel nacional como autonómico, consolidándose como un dos clubs de referencia no bádminton galego.