Deportes

Medallas do CB Athlos no Máster Nacional de Nigrán

O CB Athlos asinou unha notable actuación no Máster Nacional N3 Sub13 e Sub17, celebrado en Nigrán os días 17 e 18 de xaneiro de 2026.

O balance foi dun ouro, dúas pratas e varios postos destacados para o club.

Medallas do CB Athlos no Máster Nacional de Nigrán

O equipo desprazado estivo formado polos xogadores Sub13 Sabela López, Leo Álvarez, Daniel Fernández e Gabriel Sánchez, e polos Sub17 Antón González, Daniel Álvarez, Adrián Seijo e David Casas, todos eles acompañados polas adestradoras Laura Valverde e María Ezquerro.

Medallas do CB Athlos no Máster Nacional de Nigrán
Foto: CB Athlos

O resultado máis salientable chegou da man de Daniel Álvarez, que se proclamou campión en dobres masculino Sub17, facendo parella con Xoán Balboa (CB As Neves). Ademais, Adrián Seijo e David Casas lograron a medalla de prata no dobres masculino Sub17. Pola súa parte, Sabela López e Leo Álvarez foron subcampións no dobres mixto Sub13. No apartado individual, Adrián Seijo rematou nun meritorio quinto posto no individual masculino Sub17.

Por outra banda, o club participou tamén no Castilla y León Top TTR N7 Absoluto. Este disputouse o 18 de xaneiro de 2025 en Medina del Campo (Valladolid), coa presenza de Sara Galicia, Mariña González e Gael Rodríguez. Os xogadores do CB Athlos competiron nun torneo territorial de alto nivel, pero non lograron acceder á fase final. Quedaron eliminados na fase de grupos tras partidos moi igualados decididos no terceiro e definitivo set.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba