O concello de Cenlle celebra o Samaín cunha gran festa na Pista Polideportiva do Colexio Público da localidade.
Samaín chega a Cenlle o sábado, 29 de outubro, da man do concello e da Asociación de Nais e Pais do Colexio Carmen García Carrasco.
Cenlle celebra o Samaín cunha gran festa
Na pista polideportiva do centro escolar estarán instaladas varias propostas de ocio para que os asistentes gocen dunha gran tarde de Samaín. Inchables, xogos populares e a terrorífica maxia do mago José Rivera permitirán ós asistentes celebrar por todo o alto a festa do Samaín.

Para asistir a esta actividade será preciso realizar unha inscrición previa no teléfono 988 400 603 ou no whatsapp 680 74 26 81. A festa será para nenos e nenas de 3 a 12 anos e será de balde para todos aqueles que estean censados no concello de Cenlle.