Noticias

O colexio Santo Ángel celebra o seu centenario en Ourense

O colexio Santo Ángel de Ourense conmemorou esta mañá o seu 100 aniversario cun acto celebrado no Auditorio municipal da cidade, no que se puxo en valor a traxectoria educativa do centro ao longo dun século.

Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense, asistiu á celebración institucional, que reuniu a alumnado, profesorado, familias e representantes da comunidade educativa para lembrar a historia e evolución deste centro.

O colexio Santo Ángel celebra o seu centenario en Ourense

Baixo o lema “Vuelo 100”, o acto destacou o compromiso do colexio co ensino e a formación do alumnado, un labor construído ao longo dos anos grazas ao esforzo colectivo e á implicación de toda a comunidade educativa.

O colexio Santo Ángel celebra o seu centenario en Ourense
Foto: Delegación da Xunta

Durante a conmemoración tamén se puxo en valor o papel do centro na formación de xeracións de estudantes da cidade, así como a súa capacidade para adaptarse aos cambios sociais e educativos mantendo os seus valores pedagóxicos.

A celebración do centenario serviu así para recoñecer o traballo desenvolvido polo colexio Santo Ángel ao longo destes cen anos de historia, consolidándose como un referente educativo na cidade de Ourense.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.