Noticias

O BNG propón un Centro de Día público en Barbadás

O Pleno do Concello de Barbadás deste luns, 2 de xuño de 2025, abordará unha das necesidades urxentes en materia de infraestrutura social: a dotación dun local social para persoas maiores cun Centro de Día de xestión pública e directa.

Sarín Nüñez, portavoz do BNG na Corporación municipal, defendeu que “este tipo de equipamento resulta esencial para garantir unha atención digna á nosa poboación maior, promovendo o seu benestar, autonomía e integración na vida comunitaria”.

O BNG propón un Centro de Día público en Barbadás

A proposta do BNG cobra especial relevancia, segundo destaca a formación, ante a intención do equipo de goberno de ceder terreos municipais na zona AR-4 ao Ministerio do Interior para construír unha nova Casa Cuartel da Garda Civil. Para Núñez, “esta decisión supón privar ao municipio duns terreos estratéxicos que poderían destinarse a fins sociais e de interese xeral”.

O BNG subliña que é preciso priorizar os intereses da veciñanza e promover infraestruturas públicas que respondan ás demandas reais da cidadanía.

Entre estas necesidades, destacan a creación dunha segunda escola infantil, a construción dun novo auditorio que substitúa ao insuficiente da actual Casa da Cultura. Tamén solicitan unhas instalacións dignas para a Escola de Música e a promoción de vivenda pública.

Propoñemos a construción dun local social con Centro de Día Público”, insistiu Núñez, quen puxo como exemplo o modelo do Concello de Allariz. Este Centro contaría con servizos complementarios como comedor sobre rodas e zonas verdes, convertido nunha referencia para o benestar social.

O BNG propón un Centro de Día público en Barbadás

A formación nacionalista denuncia que en Barbadás gran parte das instalacións públicas están relegadas a baixos de edificios. Isto é froito dunha planificación enfocada máis no rendemento inmobiliario que no benestar social segundo indica Núñez. “É hora de reverter esta situación e ofertar á nosa veciñanza infraestruturas e servizos públicos accesíbeis e de calidade”, concluíron.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.