Noticias

A CEO promove as axudas para pequenas empresas

A CEO promove as axudas para pequenas e medianas empresas que ofrece a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.

No marco da actualización dixital, o programa Conecta Ourense pretende favorecer o acceso das pemes ás axudas recollidas nos programas DeseñaPeme e InnovaPeme.

A CEO promove as axudas para pequenas empresas

Nun acto levado a cabo en Verín presentáronse estas axudas. «Na base da competitividade empresarial está a Innovación» destacou a directora de Gain. Estas axudas económicas pretender impulsar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas. A innovación e o deseño son ferramentas necesarias para afrontar o futuro nun tempo de gran concorrencia.

A CEO promove as axudas para pequenas empresas

«Innovación e deseño son partes da xestión empresarial que, a día de hoxe, resultan imprescindibles nas pemes», indicou Marisol Novoa, presidenta da CEO. Ademais, Marisol Novoa quixo recordar que «as oficinas de Conecta Ourense, en Verín, O Barco e Ourense, facilitan información e asesoramento coa principal finalidade de detectar, localizar e desenvolver o potencial das empresas para orientalas no seu camiño cara a innovación, internacionalización e sustentabilidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.