O Certame de cinema escolar de Ourense, promovido pola concellería de Educación permitirá que os escolares teñan un contacto máis próximo co cine.
A programación desta actividade inclúe dúas proxeccións, tres obradoiros e unha gala final que se celebrará o xoves, 27 de outubro.
Certame de cinema escolar de Ourense
Dende o mes de abril, máis de 2.000 escolares de toda Galicia enviaron os seus traballos para optar ós premios do concurso. 79 traballos cinematográficos optarán os premios do concurso.
Programación do certame de cinema
A programación de actividades dará comezo este luns, 17 de outubro no Museo Municipal de Ourense
- Luns, 17 de outubro ás 11:00 horas no Museo Municipal de Ourense.
Reunión do xurado para avaliar os traballos presentados ó concurso de cinema.
Membros do xurado:
Nora Sola, presidenta do xurado OUFF Escola, ex directora do Festival de Cine Internacional OUFF, xornalista e empresaria.
César Silva, director de programación do OUFF,
Fernando González, actor, músico, compositor e presentador,
Manoli Maseda, coordinadora provincial dos equipos de dinamización da lingua da provincia de Ourense
Maria Leis, coordinadora dos equipos de dinamización da língua da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Martes, 18 ás 10:00 horas no Auditorio Municipal
“Obradoiro de manexo de video para introducción no medio audiovisual”, impartido por Mikel Nieto Segura.
- Mércores, 19 ás 11 horas na Sala Valente
Obradoiro “Termalismo e Cinema“, impartido por Susana López Faria y Jose Antonio López Feijoo.
- Xoves, 20 ás 11:00 horas no Auditorio Municipal:
Proxección da película de animación “Valentina” dirixida por Chelo Loureiro.
- Martes, 25 ás 11:00 horas no Auditorio Municipal
Proxección da película “Valentina”
- Mércores, 26, ás 10:00 h no Auditorio Municipal
Obradoiro de “Dobraxe na Escola“ dirixido polos actores, directores e dobradores Suso Pando e Manuel Pondal.
- Xoves, 27, ás 11:00 horas no Auditorio Municipal
Gala de entrega de premios do Certame de Cinema, presentada polo actor Fernando González.