Noticias

Rebulir lanza o Certame IDENTIFIC-ARTE 2025 con nova categoría infantil

A Asociación Cultural Rebulir presentou a convocatoria do Certame IDENTIFIC-ARTE 2025 de expresións culturais, que se desenvolverá durante este mes en Ramirás co apoio das axudas Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.

A principal novidade desta edición é a incorporación dunha categoría infantil para participantes menores de 12 anos.

Rebulir lanza o Certame IDENTIFIC-ARTE 2025 con nova categoría infantil

Con esta medida, a organización busca impulsar a creatividade desde idades temperás e dar maior visibilidade ao talento máis novo da comarca.

Rebulir lanza o Certame IDENTIFIC-ARTE 2025 con nova categoría infantil

O certame mantén tamén a súa categoría absoluta, aberta a persoas maiores de 12 anos. En ambas modalidades poderán presentarse propostas de fotografía, artes plásticas, literatura e proxectos de intervención comunitaria. As creacións deberán poñer en valor o patrimonio cultural, histórico, natural e social de Ramirás e da Comarca de Terras de Celanova.

Prazo e inscricións

As persoas interesadas poderán enviar os seus traballos ata o 22 de setembro ás 22:00 horas, mediante correo electrónico a rebuli­r@hotmail.com co asunto “Certame Identificarte 2025”.

Premios previstos

Na categoría absoluta haberá tres galardóns principais:

  • 1º Premio: Diploma e tablet de última xeración.
  • 2º Premio: Diploma, cascos inalámbricos e lote de libros.
  • 3º Premio: Diploma, lote de artesanía galega e lote de libros.

Na categoría infantil entregaranse tres premios con diploma e agasallos adaptados á idade das persoas galardoadas.

Desde a Asociación Rebulir subliñan que o obxectivo vai máis alá do estímulo artístico: preténdese reforzar a identidade local e o compromiso coa comunidade, promovendo que a cultura e a creatividade sexan un motor de cohesión social en Ramirás.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.