Eventos

Aberta a convocatoria do XXVIII Certame Literario de Piñor

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, coa colaboración do Concello de Barbadás, acaba de abrir o prazo de presentación de obras para o XXVIII Certame Literario de Piñor de narracións breves.

Este Certame é unha das convocatorias culturais máis consolidadas da provincia de Ourense.

Aberta a convocatoria do XXVIII Certame Literario de Piñor

O certame manterá aberto o prazo de recepción de relatos ata o martes 20 de maio de 2025 ás 14:00 horas.

A participación está estruturada en tres categorías:

  • Categoría A, para persoas maiores de idade.
  • Categoría B, para mozos e mozas de entre 13 e 17 anos.
  • Categoría C, dirixida ao alumnado de Educación Primaria menor de 13 anos.

Cada categoría contará con dous premios en metálico e un diploma acreditativo acompañado dun obsequio conmemorativo. Os galardóns oscilan entre os 500 euros do primeiro premio na categoría A e os 75 euros do segundo premio na categoría C.

As narracións deben ser orixinais, inéditas, en lingua galega e non poden ter sido premiadas en outros certames. A extensión máxima varía segundo a categoría, con límites de 10, 7 e 3 folios, respectivamente. Os textos deberán presentarse mecanografados, co formato especificado nas bases, e identificados cun lema ou pseudónimo.

As obras poderán enviarse por correo postal ou por correo electrónico, acompañadas da correspondente plica cos datos persoais da persoa participante.

A entrega de premios celebrarase o sábado 31 de maio de 2025, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura Manuel María da Valenzá. As narracións premiadas publicaranse na revista Fervenza da Cultura e nas canles dixitais das entidades organizadoras.

O certame, que chega á súa vixésimo oitava edición, foi galardoado en anos anteriores por autores e autoras como Clara Vidal López, Xosé Alfredo Naz Fernández ou Lois González Fernández, quen vén de acadar premios en tres edicións consecutivas.

Con esta convocatoria, Piñor reafírmase como un referente no fomento da creación literaria en galego, apostando pola expresión creativa desde a infancia ata a idade adulta.

Bases do XXVIII Certame Literario de Piñor

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.