Noticias

A Xunta destaca a certificación Erasmus+ do Conservatorio Profesional

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa directora do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Celia Adrián.

A reunión serviu para coñecer en detalle as formacións que ofrece o centro e a súa programación de concertos aberta ao público.

A Xunta destaca a certificación Erasmus+ do Conservatorio Profesional

Durante o encontro, Pardo felicitou ao conservatorio pola recente certificación Erasmus+, un recoñecemento que reforza o seu modelo educativo. “Este logro permitirá impulsar actividades de mobilidade de alta calidade e fortalecerá a estratexia de internacionalización do centro”, sinalaron desde a entidade.

Foto: Delegación da Xunta en Ourense

Esta certificación supón un avance relevante para o Conservatorio, que poderá abrir novas vías de intercambio, consolidar alianzas no ámbito europeo e desenvolver accións que melloren a formación do seu alumnado e profesorado, sempre cunha visión de futuro.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.