Entrevistas

A Charanga A Felga destaca o auxe das charangas no Entroido 2026

A Charanga A Felga, de Maceda, confirma o bo momento que viven as agrupacións musicais na provincia no Entroido 2026 en Ourense.

Con 12 integrantes e unha axenda completa durante a semana grande, a formación analiza nesta entrevista o aumento da demanda, a evolución dos cachés e o papel clave das charangas nas festas populares galegas.

A Charanga A Felga destaca o auxe das charangas no Entroido 2026

A Charanga A Felga destaca o auxe das charangas no Entroido 2026

Como evolucionou a contratación para este Entroido 2026 en comparación con anos anteriores? (Máis actuacións, menos, cambios nos cachés, maior competencia, etc.).

A verdade é que cada ano que pasa hai máis demanda de charangas para o Entroido en todos os lugares de Galicia e en concreto na provincia de Ourense. Cada vez se celebra máis, e a charanga é a agrupación perfecta para acompañar desfiles e pasarrúas.

Arriscaríamos a dicir que a día de hoxe tódalas charangas teñen onde tocar en Entroido, xa que, como comprobamos, a demanda cada vez é maior. Aínda que hai bastantes charangas en Ourense, todas temos máis ou menos traballo nestas datas, e, como adoitamos dicir, a competencia sempre é boa e benvida.

En canto aos cachés, todo os prezos subiron últimamente, dietas, transportes, etc., polo que tamén subiu o prezo das actuacións para poder cubrir gastos. Ademais, concretamente, nós subimos tamén o nivel musical e, polo tanto, os prezos!

Con canta antelación se pechan normalmente as datas do Entroido?

Sempre hai quen espera ao último momento… pero a tendencia é que cada vez se pechan antes os bolos de Entroido. Nalgúns lugares xa quedamos contratados dun ano para outro, e no resto, normalmente ao chegar o mes de outubro e novembro, as comisións e concellos comezan a chamar para non quedar sen charanga.

Notades diferenzas respecto doutros anos?

Non, normalmente no Entroido sempre se cubre a semana de actuacións!

Que tipo de repertorio funciona mellor co público durante o Entroido?

Predominan os temas actuáis, clásicos, música tradicional…

No Entroido o repertorio que máis triunfa son os temas de charanga de sempre (Amapola, Tablón, Braguita, etc.) xunto coa actualidade e, como non… as rancheiras, merengues e o pop de sempre, que a todo o mundo lle encanta recordar.

Notades diferenzas na resposta do público segundo a localidade ou o tipo de evento? Como inflúe esa reacción no desenvolvemento da actuación?

Non hai unha actuación igual que outra, dependendo do ambiente e do lugar, a xente interactúa máis ou menos, aínda que nós, concretamente, basamos os nosos pases na interacción co público e sempre intentamos que a xente participe connosco.

Neste sentido, canto máis animado e participativo está o público, mellor o pasamos nós e máis ganas temos de seguir facendo festa. Pola contra, cando o público está menos participativo, custa máis facer o traballo.

Tendo en conta desprazamentos, número de actuacións en poucos días e desgaste físico, considerades que a compensación económica equilibra o esforzo realizado?

Nós non temos a charanga co obxectivo de gañar a vida, pero bueno… para ser unha semana seguida de bolos, compensa bastante! Sobre todo polo ben que se pasa e porque te das a ver para que te contraten de cara a verán en moitos sitios!

A Charanga A Felga destaca o auxe das charangas no Entroido 2026

É posible vivir profesionalmente dunha charanga hoxe en día ou o Entroido segue a ser un complemento económico?

O Entroido é un complemento, e vivir da charanga a día de hoxe é complicado. Cada vez son máis os pobos que non teñen xente e, polo tanto, tampouco teñen festa, pero aínda así a demanda está en auxe ultimamente, xa que a charanga é moi polifacética e cubre tanto pasarruúas como procesións, misas ou verbenas, a un prezo relativamente económico con respecto ás grandes orquestras! Polo que sempre somos unha boa opción para divertir ao público e cada vez máis integramos repertorio variado para todos os públicos e momentos da festa!

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.