Noticias

Chega a Maceda a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero

Chega a Maceda a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero para impulsar a lectura, a reflexión, sensibilización e a concienciación ante esta problemática.

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, a alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, e a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación, Alida Iglesias, participaron na presentación desta iniciativa.

Chega a Maceda a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero

Este proxecto comezou no ano 2022 no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar. Desde aquel intre, a Maleta Viaxeira percorreu numerosos Centros de Información á Muller e bibliotecas da provincia. A través da lectura sobre temas de feminismo, empoderamento e autoestima, esta iniciativa fomenta o pensamento crítico e pretende a sensibilización da sociedade.

«Libros que sensibilizan, contan experiencias e informan en soporte literario do gran problema que supón a violencia de xénero e contra o que temos que loitar», indicou Eladio Santos sobre esta iniciativa.

O subdelegado destacou o papel que xoga o concello e Maceda na organización de actividades sobre esta problemática. Lembrou que «concretamente Maceda foi beneficiado con 10.000 euros para facer actividades que axuden a previla».

Chega a Maceda a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero
Foto: Subdelegación do Goberno

A rexedora de Maceda, Uxía Oviedo destacou «o enorme traballo diario de Ana e Isa, psicóloga e asesora do CIM». Tamén recoñeceu que «para facer todas as actividades que se organizan ao longo do ano é fundamental que existan fondos, polo que agradecemos tamén ao Goberno de España a súa colaboración para facer actividades que poñan o feminismo no foco do debate público e que sinalen o que queda por facer na loita contra a violencia de xénero».

Botón volver arriba