O xoves 27 de marzo de 2025, o Café Cultural Auriense acollerá o concerto de Chime School, unha das bandas máis destacadas da escea independente de San Francisco.
O evento está organizado por Better Things Club.
Chime School traerá o seu jangle pop a Ourense
A apertura de portas será ás 21:00 h., e o concerto comezará media hora despois. As entradas custan 15 euros e poden adquirirse no Rock Club e no propio Auriense.
Liderados por Andy Pastalaniec, Chime School combina guitarras de 12 cordas cun son vibrante e melódico que evoca o mellor do pop independente dos anos 80 e 90, con claras influencias dos anos 60. A banda debutou en 2021 con Slumberland Records e desde entón consolidouse cun son propio e recoñecible.

Esta xira marca a primeira visita da banda a España, unha oportunidade única para os amantes do jangle pop e das melodías envolventes. Ourense será unha das súa paradas imprescindibles.