A choiva e o vento que trae a borrasca Karlotta obriga a suspender o desfile de entroidos tradicionais que estaba previsto para as 20h polo centro de Ourense.
O concello viuse obrigado a cancelar esta cita por causas climatolóxicas que poderían causar tamén a suspensión dos desfiles escolares previstos para esta mañá.
A choiva obriga a suspender o desfile de entroidos tradicionais
O resto da programación de entroido do concello de Ourense para este venres, 9 de febreiro, mantense co seguinte programa:
- Animación das rúas da cidade
20h – Trópico de Grelos, Tatoo e Os Caliqueños,
00h – Támega, Dr. Anchoa, Alambique, Nova Terra de Trives, Noroeste e Mekánika.
- Pregón do alcalde
Xusto antes da actuación da Orquestra Os Satélites
- Orquestra Os Satélites
20h – Praza Maior
- Festicultores Troupe
01:00h – Santa Eufemia