Noticias

Cinco empresas optan ao contrato de limpeza viaria en Ourense

Cinco empresas competirán finalmente pola xestión do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade, despois de que unha das seis ofertas presentadas quedase fóra do proceso.

O Concello de Ourense abriu onte as seis propostas recibidas, e constatou que SUMA con Urbaser, antiga concesionaria do servizo, remitira unha carta na que “dá as grazas pola convocatoria do concurso pero manifesta que non se presenta”.

Cinco empresas optan ao contrato de limpeza viaria en Ourense

Segundo explicou hoxe o goberno municipal, que cualificou de “insólito presentar unha oferta na que dis que non te vas presentar”.

Cinco empresas optan ao contrato de limpeza viaria en Ourense

Así, o procedemento de adxudicación continúa cos cinco concorrentes restantes: FCC, COPASA, OPAIN con Acciona, Extraco con socios de Portugal e Valoriza. O contrato, cuxo valor ascende a 162 millóns de euros durante 10 anos, permitirá definir o futuro do servizo de limpeza e recollida de residuos da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.