Deportes

Cinco de seis para o Ximnasia Pavillón no Campionato Galego

Cinco medallas de seis posibles para o Club Ximnasia Pavillón no Campionato Galego Promoción e Prebase de Xímnasia Rítmica 2024.

O Pavillón dos Remedios acolleu este Campionato Galego – XVIII Memorial Antonio Prada que se celebrou durante toda a xornada do sábado, 8 de xuño.

Cinco de seis para o Ximnasia Pavillón no Campionato Galego

O calendario autonómico pechou con este campionato a tempada 2023-24 e fixo cunha participación entre conxuntos e individuais que superou ás 200 actuacións.

Das seis medallas ás que optaba o Club Ximnasia Pavillón logrou un total de cinco entre as que destacan os campionatos galegos obtidos polos conxuntos benxamín, alevín e máster. A participación do Club Pavillón completouse cunha medalla de prata e unha de bronce.

Cinco de seis para o Ximnasia Pavillón no Campionato Galego
Equipos Alevín, Benxamín e Cadete coas adestradoras Natalia, María, Lucía, Alba e Yedra. Foto: Club Ximnasia Pavillón

3 Medallas de Ouro

  • Benxamín promoción (Noa, Belén, Valentina, Carla, Laia, Zoe, Xiana e Lara)
  • Alevín promoción (Martina, Alicia, Noa, Aira, Sabela Mera, Sabela e Sabela López)
  • Máster promoción (Rebeca, María, Paula, Marta y Kelly)

1 Medalla de Prata

  • Cadete mixto prebase (Naia, Rubén, Karol, Danna, Leire, Sofía e Lara)

1 Medallas de Bronce

  • Carlota García Peñuela – infantil individual prebase
Cinco de seis para o Ximnasia Pavillón no Campionato Galego
Conxuntos Xuvenil e Máster. Foto: Club Ximnasia Pavillón

Unha vez rematada a competición autonómica na que o Club Ximnasia Pavillón acadou nesta tempada excelentes resultados nos niveis escolar, promoción e prebase, toca fixarnos nos compromisos nacionais que se celebran nas próximas semanas.

Durante o mes de xuño e primeiras semanas de xullo, os equipos e ximnastas nacionais do Ximnasia Pavillón participarán no Nacional Individual masculino en Avilés, a II Fase de Copa Conxuntos Absolutos que se celebrará en Zaragoza e a Copa do Mundo e Xogos Mediterraneos de Ximnasia Estética que terá lugar en Tarragona.

Botón volver arriba