Noticias

O cine de verán chega a 30 concellos ourensáns

A Deputación de Ourense impulsa o “Circuíto provincial de cine de verán 2025”, unha iniciativa que levará proxeccións cinematográficas ao aire libre a 30 municipios da provincia ata o 30 de setembro.

Este proxecto, que forma parte do compromiso da institución coa cultura como eixo do mandato, busca achegar o audiovisual á veciñanza e dinamizar a vida cultural no rural ourensán.

O cine de verán chega a 30 concellos ourensáns

O deputado de Cultura, César Fernández, salientou o “apoio firme” da Deputación ao sector do cine, así como a todas aquelas actividades que “contribúen á dinamización do noso rural”. Fernández tamén puxo en valor a colaboración institucional que fai posible esta programación, destacando o respaldo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), presidida por Jacobo Sutil, a implicación da empresa Gadis e o labor organizativo de Xoán Mariño.

O cine de verán chega a 30 concellos ourensáns
Foto: Deputación de Ourense

O circuíto inclúe cinco títulos para todos os públicos, cunha oferta variada en formatos e contidos. Algunhas das películas foron rodadas na provincia e contaron co apoio da propia Deputación.

As películas que compoñen a programación son:

  • “+ Cuñados”, que se proxectará en Barbadás, Maside, Nogueira de Ramuín, Celanova, Vilariño de Conso, O Bolo, Melón e Sarreaus.
  • “As Neves”, prevista en Viana do Bolo, Castrelo de Miño, Piñor, Avión, Montederramo e San Xoán de Río.
  • “Antes de Nós – Castelao”, que chegará a Verea, Vilar de Barrio, A Peroxa, Cartelle, Maceda, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos.
  • “Os demos de Barro”, con pases en Bande, Baños de Molgas e Allariz.
  • “Chicken Run – Amanecer de los Nuggets”, destinada aos máis pequenos, poderá verse en Boborás, Esgos, Paderne de Allariz, A Mezquita e Carballeda de Avia.

Este circuíto estival confirma a aposta da Deputación de Ourense por facer accesible a cultura en todo o territorio provincial, especialmente nos concellos máis pequenos.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.