O concello de Ourense levou a cabo unha operación de cirurxía de precisión para unha árbore singular como é o cedro situado xunto á Catedral de Ourense.
Segundo informou o concello, os traballos realizados teñen como obxectivo evitar posibles roturas de ramas e aumentar a aireación interna da árbore.
Cirurxía de precisión para unha árbore singular
Este cedro, situado na Praza dos Suaves, foi obxecto de polémica no pasado ó insinuar dende o goberno municipal a posibilidade de cortalo para mellorar a visión da Catedral de Ourense.
Os traballos realizados permitiron eliminar brotes epicórmicos, acurtado de ramas, eliminación de ramas entrecruzadas e redución da copa.