Noticias

Clases sen fume no CPR Luis Vives

Clases sen fume chega ao CPR Luis Vives de Ourense para previr o consumo de tabaco entre a mocidade da provincia.

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá o centro, un dos oito da provincia que participan neste programa da Consellería de Sanidade, en colaboración con Educación e Xuventude, dentro do Plan Proxecta.

Clases sen fume no CPR Luis Vives

A iniciativa diríxese ao alumnado de 1º e 2º da ESO. O estudantado e o profesorado comprométense a non fumar durante seis meses e poden participar nun concurso con actividades de prevención do tabaquismo.

Clases sen fume no CPR Luis Vives
Foto: Delegación da Xunta

Durante a visita, Pardo advertiu: «Ningún produto do tabaco, incluídos os cigarros electrónicos, é seguro». Lembrou que a nicotina dana o cerebro en desenvolvemento, especialmente nas persoas menores de 25 anos.

Ademais do CPR Luis Vives, participan centros de Allariz, Celanova, Verín, Xinzo e da cidade de Ourense.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.