A concelleira de Educación, Tamara Silva, está a clausurar esta semana a actividade «Xadrez na Escola», unha iniciativa impulsada pola Concellería de Educación.
Esta actividade desenvolveuse nos centros escolares da cidade entre novembro de 2024 e maio de 2025.
Case 600 escolares participaron no programa «Xadrez na Escola»
O programa, pensado para achegar o xadrez ao alumnado de infantil e primaria como ferramenta educativa e lúdica, contou coa participación de case 600 nenos e nenas de 22 colexios. Ao longo destes meses, o alumnado puido iniciarse na práctica do xogo-ciencia, favorecendo o pensamento estratéxico, a concentración e o respecto polas regras.

Tamara Silva destacou durante os actos de clausura «a boa acollida do programa por parte dos centros e o entusiasmo amosado polo alumnado«, valorando ademais a capacidade do xadrez para «fomentar habilidades cognitivas e sociais desde idades temperás«.