Deportes

O Club Burgas fai historia no Nacional de Trampolín

O Club Burgas de Ourense protagonizou unha semana histórica no Pazo dos Deportes Paco Paz ao conquistar seis podios no Campionato de España de Trampolín na categoría Élite.

Melania e Uxía Rodríguez proclámanse campioas de España en Ourense.

O Club Burgas fai historia no Nacional de Trampolín

Melania Rodríguez proclamouse Campioa de España en Dobre Minitramp Senior, mentres que a súa compañeira Uxía Rodríguez acadou o ouro na categoría Júnior.

A nivel colectivo, o club ourensán logrou dous subcampionatos: Subcampión de España por equipos en Trampolín —modalidade olímpica— e tamén en Dobre Minitramp.

Os equipos estiveron integrados por:

  • Trampolín: Melania Rodríguez, Alejandra Braña e Marta López.
  • Dobre Mini: Melania Rodríguez, Marta López, Uxía Rodríguez, Paula Touza e Alejandra Braña.

A participación individual tamén deixou grandes resultados. Marta López acadou o subcampionato en Dobre Minitramp Senior, mentres que Uxía Rodríguez sumou un bronce en Tumbling, elevando a seis os podios para o Burgas nesta edición.

Un dos momentos máis destacados foi o exercicio preliminar de trampolín absoluto de Melania Rodríguez. Nese exercicio, Melania converteuse na primeira española en realizar tres triples mortais nunha competición oficial, consolidando o seu nome como referencia nacional na especialidade.

O Club Burgas fai historia no Nacional de Trampolín
Foto: Club Burgas

Ademais, o ximnasta ourensán Daniel Pérez, agora nas filas do club Ximnasia Pontevedra, logrou o subcampionato de España en categoría Senior, sumándose aos éxitos da canteira ourensá.

O éxito no Nacional de Élite súmase aos dez podios logrados polo club no Nacional Base. O campionato base celebrouse o mércores e xoves, completando unha semana brillante para o deporte ourensán.

A Real Federación Española de Ximnasia (RFEG) tivo tamén un emotivo xesto durante o evento: un homenaxe ao adestrador Pablo Hinojar, figura moi querida no club e falecido de forma repentina hai uns meses.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.