Deportes

O Club Ourense Atletismo brilla no Galego Sub-20 con tres medallas

O Club Ourense Atletismo brilla no Galego Sub-20 con tres medallas e varias marcas persoais.

No Campionato Galego Sub-20 de Pista Cuberta celebrado en Expourense, os seus deportistas sumaron tres medallas e varios postos destacados, ademais de mellorar multitude de marcas persoais.

O Club Ourense Atletismo brilla no Galego Sub-20 con tres medallas

A actuación máis destacada chegou da man de Leyla Villar Abella, quen se proclamou campioa nos 3.000 metros cun rexistro de 10:08.18, un excelente resultado que lle serve como carta de presentación para o Nacional Absoluto da próxima fin de semana.

O Club Ourense Atletismo brilla no Galego Sub-20 con tres medallas
Leyla Villar. Foto: Club Ourense Atletismo

Tamén subiu ao podio Laura Freire Viñas, que logrou a prata nos 60 metros cun tempo de 7.84, marca que supón a súa mellor marca persoal e mínima para o campionato nacional. Ademais, competiu nos 200 metros, onde acadou a quinta posición con 26.30, tamén mellor marca persoal.

O terceiro metal para o club chegou grazas a Javier Trillo García, quen obtivo a prata nos 200 metros con 22.90, marca persoal, e quedou a un paso do podio nos 400 metros, onde foi cuarto con 50.73, novamente mellorando o seu rexistro persoal.

Os deportistas do club ourensán tamén logrou catro cuartos postos grazas ás actuacións de Samuel Banga Arancey no triplo salto (12.81 metros); Noa Rey Bravo nos 60 metros valos (10.12 segundos); Olalla García Rey en lonxitude (4.84 metros) e de novo Javier Trillo García nos 400 metros.

Outros resultados destacados

O Club Ourense Atletismo pecha así a súa participación no Galego Sub-20 cun excelente balance de medallas. Xunto coas marcas mínimas nacionais e melloras individuais, consolídase como unha das entidades máis competitivas do atletismo galego.

Outros resultados destacados foron os de:

  • Samuel Banga Arancey, sexto en lonxitude (5.88 metros), con mellor marca persoal.
  • Noa Rey Bravo, quinta nos 400 metros (1:03.98), con mellor marca persoal.
  • Carla Pazos Franco, sexta nos 400 metros (1:04.00), tamén mellor marca persoal.
  • Daniel Villanueva Guede, oitavo en peso (10.24 metros).
  • Olalla García Rey, cuarta na súa serie dos 60 metros (8.51 segundos).
  • María Lage Burón, quinta na súa serie dos 60 metros valos (11.60 segundos).
  • Rodrigo Díaz Enríquez, sétimo en lonxitude (5.86 metros) e sexto na súa serie dos 60 metros (7.53 segundos).
  • Andrea Rodríguez Fernández, sexta na súa serie dos 60 metros (8.79 segundos) e terceira na súa serie dos 200 metros.
  • Uxía Rodríguez Pérez, sexta en altura con 1.39 metros.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.