O COB presenta esta tarde un proxecto inclusión en colaboración coa ONCE para achegar o baloncesto ás persoas invidentes.
Esta iniciativa da Área Social do Club Ourense Baloncesto permitirá que as persoas cegas poidan seguir as retransmisións dos partidos do COB.
O COB presenta un proxecto en colaboración coa ONCE
Os detalles do proxecto serán presentados nunha rolda de prensa que comezará ás 18h. Esta iniciativa realizaríase a través da plataforma Discord e converte ó COB no único equipo da LEB ORO que pon en marcha unha iniciativa neste eido.