Noticias

Subdelegación e Universidade de Vigo fortalecen a formación xurídica en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou a “intensa colaboración” entre a Subdelegación e a Facultade de Dereito do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Fíxoo tras recibir á decana da facultade, Susana Álvarez, nun encontro centrado no seguimento do convenio que permite ao alumnado realizar prácticas na Subdelegación.

Subdelegación e Universidade de Vigo fortalecen a formación xurídica en Ourense

Ambos representantes coincidiron en valorar “moi positivamente” este programa, que ofrece aos estudantes a oportunidade de pasar por diversos departamentos da administración, adquirindo así unha formación transversal e moi práctica. “Formamos profesionais ao servizo da sociedade e do estado de dereito”, subliñou Santos.

Subdelegación e Universidade de Vigo fortalecen a formación xurídica en Ourense

A reunión tamén serviu para analizar as novas microcredenciais impulsadas polo campus ourensán. Estes cursos breves, recoñecidos a nivel europeo, permiten especializarse en materias como violencia de xénero, estranxeiría ou o réxime de sancións administrativas.

Eladio Santos sinalou que estas iniciativas “abren un campo de colaboración moi interesante entre universidade e sociedade, con múltiples beneficios como a mellora na conciliación”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.