Eventos

A Pobra de Trives acolle a XX Concentración Mototurística do 11 ao 13 de xullo

A vila ourensá de A Pobra de Trives vivirá do 11 ao 13 de xullo a súa vixésima Concentración Mototurística, organizada polo Moto Club Os Esquíos Trives.

Trátase dun evento xa consolidado no calendario mototurístico galego, que combina rutas, gastronomía, música e animación.

A Pobra de Trives acolle a XX Concentración Mototurística do 11 ao 13 de xullo

O venres 11 abriranse as inscricións ás 17:00 horas. A xornada inaugural contará cunha chorizada e festa da sangría a partir das 21:00, culminando coa actuación do grupo Cruel World ás 23:30 na rúa San Martín.

O sábado 12 será o día máis completo, cunha apertura de inscricións ás 10:00 horas e actividades continuadas como toro mecánico e inchables. Ás 11:00 terá lugar unha ruta turístico-gastronómica con paradas para petiscos (reservada a persoas inscritas).

Á volta, os participantes desfrutarán dunha ruta barítima con porco á estaca, amenizada polo grupo Macizas Centrais. A noite incluirá unha churrascada popular ás 20:30, unha ruta de bengalas ás 23:00 e a actuación musical de Os Malditos Pendejos a partir da medianoite.

O domingo 13 arrancará co almorzo nos bares de Trives ás 9:30. A continuación, a gran ruta mototurística ás 10:30, con paisaxes espectaculares e pinchada para os inscritos. O peche da concentración será ás 13:30, cunha comida final e entrega de premios.

A Pobra de Trives acolle a XX Concentración Mototurística do 11 ao 13 de xullo

A organización habilita zonas de acampada cubertas e ao aire libre, con servizos e duchas, e lembra que as prazas son limitadas. O prezo da inscrición é de 50 euros.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.