Noticias

Concentración para pedir un proxecto termal público en Río Caldo

O PSdeG-PSOE de Lobios promoveu unha concentración para pedir un proxecto termal público en Río Caldo fronte a deriva privatizadora que se está a realizar.

Os socialistas de Lobios estiveron acompañados no acto por cargos provinciais, autonómicos e nacionais como Rafa Villarino, Uxía Tizón ou Carmen Rodríguez.

Concentración para pedir un proxecto termal público en Río Caldo

Esta mobilización ven motivada pola presentación do proxecto de ampliación do balneario de Lobios que «serviu para que comprobaramos que o concello cederá, máis ben regalará, os terreos exteriores, xunto coa piscina termal, a Caldaria, co obxectivo de privatizar o único que queda en mans públicas no eido termal».

Concentración para pedir un proxecto termal público en Río Caldo

«Estamos ante un paraíso, un lugar público para todos e todas e que por culpa do PP e da súa alcaldesa converterase nun recinto privado, regalado a unha empresa que pecha cando lle da a gana e que incumpre de xeito flagrante o convenio asinado fai 20 anos», indicou Iván Rouco, candidato socialista á alcaldía de Lobios.

Botón volver arriba