Este venres terá lugar un concerto da formación Alexandre Cabanelas Trío no Náutico de Castrelo de Miño a partir das 21:30h.
O saxofonista Alexandre Cabanelas deu forma a esta agrupación coa finalidade de realizar un proxecto persoal onde abordar temas clásicos do jazz e crear temas propios.
Concerto de Alexandre Cabanelas no Náutico de Castrelo de Miño
Tras un período de varios anos nos que Cabanelas integrou diversas formacións, este saxofonista do Carballiño creo a formación Alexandre Cabanelas Trío. Nesta formación integrada por saxofón, baixo eléctrico e batería, a improvisación é unha parte fundamental das actuacións realizadas.
Alexandre Cabanelas (Saxofón) estará acompañado polos músicos Efrén Novoa (Baixo eléctrico) e Héctor Pérez (Percusión).