O Pub A Bodega do Carballiño acollerá este venres 17 de outubro, a partir das 22:30 horas, o concerto do Alexandre Cabanelas Trío + Amigos Invitados.
Esta cita coa música en directo promete unha noite de jazz chea de improvisación e talento.
Noite de jazz con Alexandre Cabanelas Trío no Carballiño
O Alexandre Cabanelas Trío é un proxecto musical liderado polo saxofonista Alexandre Cabanelas, quen, tras participar en múltiples formacións e gravacións de diversos estilos, decidiu crear unha proposta máis persoal. O grupo combina arranxos de temas clásicos do jazz con composicións orixinais, ofrecendo un son propio e dinámico.
Nesta actuación, o concerto comezará co formato habitual de trío para logo ir incorporando artistas convidados, enriquecendo o espectáculo con novas sonoridades e colaboracións especiais.
O trío está formado por Alexandre Cabanelas aos saxos, Efrén Novoa ao baixo eléctrico e Héctor Pérez á batería, tres músicos que destacan pola súa experiencia e complicidade sobre o escenario.

O evento, organizado polo Pub A Bodega, consolida ao local como un dos espazos de referencia para o jazz e a música en directo no Carballiño.