Eventos

Atlanticides abre a Semana Cultural de Taboadela

A Semana Cultural de Taboadela arrinca este luns 25 de agosto cun concerto moi especial na Praza do Concello.

O protagonismo recae en Atlanticides, un trío ourensán que, malia a súa xuventude, está a chamar a atención no panorama musical ourensán.

Atlanticides abre a Semana Cultural de Taboadela

O grupo, formado a finais de 2022 por Sara (voz e guitarra), Indira (baixo) e Ángela (batería), que teñen entre 14 e 17 anos e destacan pola súa enerxía e a capacidade de mesturar pop con rock suave. As súas influencias abranguen desde Nirvana ou os Ramones ata Amy Winehouse e Amaral, o que lles dá un son único e cheo de frescura.

Durante o concerto en Taboadela, o público gozará tanto das súas versións como dos temas propios que xa teñen publicados. Ademais, o trío avanzou que traballan nunha nova composición, sinal inequívoca da súa prometedora traxectoria.

Con este concerto, Taboadela deu o pistoletazo de saída a unha intensa semana chea de música, teatro, torneos e actividades populares que se prolongarán ata o domingo 31 de agosto.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.