O concerto de Eric Dopazo, que terá lugar o domingo 7 de decembro ás 21:30 horas, converterá o Mercado Ponte Canedo nun dos puntos destacados da programación lúdica desta ponte festiva en Ourense.
A organización destaca que o artista ofrecerá unha actuación “de gran nivel”. A mesma está pensada para atraer público de todas as idades e dinamizar este espazo comercial en pleno barrio da Ponte.
O Mercado Ponte Canedo acolle o concerto de Eric Dopazo
A entidade lembra que o evento será de acceso libre e anima a veciñanza a achegarse ao Mercado para gozar dunha noite especial.

“Aproveitando a ponte festiva, disfrutaremos no Mercado dun gran artista, que de seguro vai conquistar aos asistentes”, sinalan os promotores. Este piden ao público marcar en vermello a data nas súas axendas para non perderse unha proposta que, aseguran, “merece moito a pena”.