Noticias

Barbadás impulsa o Nadal cun novo concurso de escaparates

O Concurso de escaparates e decoración do Nadal de Barbadás regresa este ano para dinamizar o comercio local e encher de ambiente festivo as rúas e establecementos do municipio.

O Concello pon en marcha unha nova edición desta iniciativa que busca fomentar o espírito do Nadal.

Barbadás impulsa o Nadal cun novo concurso de escaparates

Ao mesmo tempo, recoñece o esforzo e o compromiso dos establecementos comerciais e hostaleiros na creación de espazos atractivos e coidados.

Barbadás impulsa o Nadal cun novo concurso de escaparates

Poderán participar todos os comercios e negocios de hostalería de Barbadás, sempre que se alcance un mínimo de dez inscricións.

As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude dispoñible no Concello, na Oficina Municipal da Valenzá ou na web municipal. Despois deberán presentala por rexistro entre o 14 de novembro e o 5 de decembro de 2025. Ademais, será necesario enviar unha fotografía do escaparate ou decoración ao correo cet@barbadas.es antes do 5 de decembro ás 14.00 horas.

O xurado valorará criterios como a creatividade, a orixinalidade e a inclusión de elementos representativos do Concello de Barbadás. A veciñanza tamén participará na selección dos mellores deseños a través dunha votación popular que estará activa na web municipal entre o 10 e o 17 de decembro ata as 14.00 horas.

Establécense dous premios para comercios e outros dous para negocios de hostalería. Os galardóns consistirán nun diploma acreditativo que se entregará o 22 de decembro de 2025.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.