Noticias

Ourense e Santa Maria da Feira, unidas nun concurso fotográfico transfronteirizo

O Concello de Ourense participa, xunto co municipio portugués de Santa Maria da Feira, na segunda edición do Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico.

A convocatoria estará aberta até o vindeiro martes, 22 de xullo, e convida a captar en imaxes o espírito destas dúas cidades irmás da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Ourense e Santa Maria da Feira, unidas nun concurso fotográfico transfronteirizo

Organizado polo Eixo Atlántico, o certame está dirixido a persoas maiores de 16 anos, tanto profesionais como afeccionadas á fotografía. Cada participante poderá presentar unha única fotografía, tomada en Ourense ou en Santa Maria da Feira, que poderá reflectir desde paisaxes e monumentos ata tradicións, festas, gastronomía ou escenas da vida cotiá.

Ourense e Santa Maria da Feira, unidas nun concurso fotográfico transfronteirizo

As imaxes deberán remitirse por correo electrónico á organización.

A selección das gañadoras farase a través das redes sociais do Eixo Atlántico. As fotografías que obteñan máis “likes” serán as premiadas. Nesta edición distinguiranse as tres mellores imaxes de cada municipio, sumando así un total de seis premios.

Con esta iniciativa, o Eixo Atlántico busca poñer en valor a riqueza patrimonial, cultural e social dos territorios que forman parte da eurorrexión, ao tempo que promove a participación cidadá e a creatividade visual.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.