O domingo, 23 de febreiro, está prevista a conferencia sobre «O ciclo do Entroido na nosa contorna» no Centro de Interpretación do Entroido de Mugares.
Esta actividade contará coa participación catro conferenciantes que aportarán valiosa información sobre esta festa.
Conferencia sobre o Entroido en Mugares
Coñecer mellor as tradicións dos entroidos na comarca é un dos principais obxectivos deste evento que organiza a Asociación Cultural Entroido de Mugares.
O acto contará coa intervención dos seguintes conferenciantes:
- Rocío García (AC Entroido de Mugares)
«Benvida e presentación» - David Sabucedo (AC Amigos do Patrimonio de Toén)
«Unha mirada ás parroquias de Moreiras e Mugares» - Antonio de Melo (AC Entroido de Mugares)
«A música no Entroido» - Antonio Sousa (AC Entroido As Bonitas de Sande)
«O entroido tradicional de Sande, Cartelle»
