No día de hoxe púxose en marcha o Consello Municipal de Maiores do concello de Ourense a iniciativa da concelleira de Asuntos sociais, Eugenia Díaz Abella.
Dotar de un espacio aberto á participación da cidadanía de maior idade é o obxectivo principal do órgano de recente creación no concello de Ourense. O Consello Municipal de Maiores da os seus primeiros pasos cun acto que tivo lugar no Centro Cívico da rúa Colón.
Consello Municipal de Maiores de Ourense
Neste consello estarán representadas entidades e organismos que representen á poboación maior. Será un foro onde se poderán achegar aquelas suxestións e propostas que deriven nunha maior calidade de vida para os maiores.