A Conta Xeral 2024 do Concello de Ourense obtivo esta mañá o ditame favorable da Comisión Especial de Contas nunha reunión celebrada no salón de plenos.
O documento saíu adiante cos votos a favor de Democracia Ourensana e coa abstención de Partido Popular, PSdeG-PSOE e Bloque Nacionalista Galego.
A Comisión de Contas informa favorablemente a Conta Xeral 2024
A Conta Xeral permite verificar a execución do orzamento e a situación patrimonial municipal ao peche do exercicio. Tras este trámite, publicarase no BOP e abrirase o prazo de exposición pública.
Unha vez resoltas as posibles alegacións, elevarase ao Pleno do Concello de Ourense para a súa aprobación definitiva.


