Noticias

Reforzo policial para impedir entrada de uva foránea nas vendimas ourensás

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, anunciou hoxe un reforzo significativo do operativo de vixilancia para a vendima de 2025 co obxectivo de impedir a entrada de uva foránea nas catro denominacións de orixe da provincia.

O anuncio realizouse durante unha reunión de coordinación celebrada esta mañá na Subdelegación do Goberno, na que participaron representantes da Xunta, Forzas e Corpos de Seguridade e os Consellos Reguladores.

Reforzo policial para impedir entrada de uva foránea nas vendimas ourensás

Segundo destacou Santos, este reforzo inclúe un incremento dos efectivos e da presenza policial. Este reforzo será especialmente en zonas limítrofes con outras comunidades autónomas, a fronteira con Portugal e nos accesos ás adegas. O propósito é garantir, un ano máis, a máxima calidade e autenticidade dos viños ourensáns.

Reforzo policial para impedir entrada de uva foránea nas vendimas ourensás
Foto: Subdelegación do Goberno

Durante o encontro, os asistentes analizaron as necesidades actuais do sector e compartiron información para unha mellor planificación. Santos advertiu das graves consecuencias que pode ter a entrada de uva allea. Sancións administrativas, responsabilidade penal por fraude alimentario, expulsión dunha adega da denominación de orixe, risco fitosanitario por introdución de pragas ou un forte impacto negativo sobre o prestixio do sector.

O control da uva foránea implica unha defensa activa do prestixio dos nosos viños, de anos de esforzo dos viticultores e da confianza dos consumidores”, sinalou o subdelegado. Santos tamén agradeceu o traballo coordinado da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica.

Santos salientou o compromiso do Goberno de España coa defensa dos produtos con denominación de orixe. Puxo en valor a colaboración coa Xunta para evitar prácticas que poñan en risco o sector vitivinícola.

Á reunión asistiron tamén altos cargos da administración autonómica e estatal. Tamén estiveron representantes dos Consellos Reguladores das denominacións de orixe Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.