Xa foi convocado o 17º Premio Abrente de 2022 que recoñece ós mellores textos teatrais escritos en lingua galega.
O Premio Abrente acumula unha importante bagaxe ó longo das dezaseis edicións realizadas. A promoción e difusión dos textos teatrais en lingua galega ten nos premios Abrente unha eficaz ferramenta. Non queda aí a cousa pois no premios Abrente ocupa un lugar destacado a innovación na linguaxe teatral.
Convocado o 17º Premio Abrente
A edición de 2022 chega tras ser aprobadas as bases polo Concello de Ribadavia. As obras que se presenten ó concurso terán un prazo que remata o 17 de xuño. As bases completas do Premio Abrente poden consultarse no seguinte documento:
Nesta localidade do Ribeiro, capital do teatro, terá lugar no mes de xullo a 38º edición da Mostra Internacional de Teatro. Será durante este festival cando se reúna o xurado que escollerá a obra gañadora. O premio de 3.500€ ademais dun importante apoio económico, leva parella a edición da obra.
O gañador na edición de 2021, Ernesto Is, verá publicada a súa obra en 2022 da man da Editorial Difusora.