Noticias

Corte de tráfico en Xesús Pousa pola restauración da locomotora

O concello de Ourense pechará este sábado, 25 de outubro, o tramo final da rúa Xesús Pousa debido aos traballos de reparación da histórica locomotora 240-2072, coñecida como “Mastodonte”.

O corte permitirá instalar unha carpa de protección que cubrirá a máquina mentres se realizan as tarefas de restauración.

Corte de tráfico en Xesús Pousa pola restauración da locomotora

Durante a xornada, os vehículos que circulen pola rúa Xesús Pousa en dirección á rúa Gómez Franqueira deberán desviarse pola rúa San Froilán, agás os autobuses, que poderán manter o seu itinerario habitual. En sentido contrario, tanto os coches particulares como os autobuses deberán transitar pola Avenida das Caldas e Basilio Álvarez. O tráfico habitual restablecerase o domingo, 26 de outubro.

A reparación da locomotora Mastodonte, destinada á súa exposición estática na rúa Xesús Pousa, forma parte dun proxecto impulsado polo Concello de Ourense cun orzamento de licitación de 192.566,41 euros. Esta intervención permitirá conservar unha peza emblemática do patrimonio ferroviario da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.