Noticias

Corte de tráfico na rúa Xoán XXIII por obras programadas

A Policía Local de Ourense informou de que a rúa Xoán XXIII permanecerá pechada ao tráfico rodado no tramo comprendido entre a Avenida da Habana e a rúa Concello desde as 15.00 horas de mañá, martes 9 de setembro, até as 10.00 horas do mércores 10.

O corte débese a intervencións programadas nesta vía.

Corte de tráfico na rúa Xoán XXIII por obras programadas

Como consecuencia, os autobuses urbanos modificarán os seus percorridos. Desde Curros Enríquez cara ao Xardín do Posío circularán pola Avenida da Habana e a rúa do Progreso, habilitándose unha parada provisional no número 35 da Avenida da Habana, xunto ao supermercado.

Corte de tráfico na rúa Xoán XXIII por obras programadas

Esta medida aplicarase desde as 16.00 horas do martes até as 11.00 horas do mércores.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.