Noticias

Cortes de tráfico mañá en Ourense pola carreira Correndo por Ourense

A cidade de Ourense vivirá mañá sábado, 7 de xuño, unha nova edición da carreira popular do circuíto Correndo por Ourense, que obrigará a cortar e desviar o tráfico en varias rúas do centro entre as 21.00 e as 23.00 horas.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, dará comezo ás 22.00 h na rúa do Paseo, fronte á Delegación de Defensa.

Cortes de tráfico mañá en Ourense pola carreira Correndo por Ourense

O percorrido discorrerá polas rúas Concello, Xoán XXIII, O Progreso, avenida de Pontevedra e Lamas Carvajal, para rematar de novo na rúa do Paseo.

A proba nocturna sairá da rúa do Paseo e obrigará a restrinxir o tráfico entre as 21.00 e as 23.00 h

Principais cortes e desvíos

  • Na rúa Xoán XXIII, só se poderá circular en sentido descendente, desde a avenida da Habana cara ao Xardín do Posío.
  • A rotonda de San Rosendo permitirá a circulación cara a Ervedelo e O Progreso (en dirección ao Posío), pero non se poderá acceder á rúa Concordia nin subir cara a Xoán XXIII.
  • A rúa do Desengano estará pechada desde a Praza de Abastos, e os vehículos desviaranse por rutas alternativas.
  • Non se permitirá o acceso a Parada Justel desde Doutor Fleming. Os vehículos procedentes do Posío desviaranse cara á Praza de Abastos e Doutor Fleming.
Cortes de tráfico mañá en Ourense pola carreira Correndo por Ourense
Imaxe: Concello de Ourense

Recomendacións de seguridade

Durante a carreira, algunhas vías serán compartidas entre vehículos e corredores que circulen no mesmo sentido, polo que se balizarán debidamente.

O Concello solicita extremar a precaución, seguir as indicacións da Policía Local, evitar estacionamentos indebidos e respectar as normas de tráfico.

Ademais, as persoas con garaxes privados nas zonas afectadas non poderán acceder a eles entre as 21.00 e as 23.00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.