Noticias

A carreira do San Martiño obrigará a cortes de tráfico este domingo en Ourense

A tradicional Carreira Popular do San Martiño provocará cortes e restricións de tráfico en Ourense durante a mañá do domingo, 9 de novembro.

A Policía Local despregará un amplo dispositivo para garantir a seguridade de corredores e público. As vías afectadas permanecerán pechadas desde as 10:00 horas ata o remate da actividade.

A carreira do San Martiño obrigará a cortes de tráfico este domingo en Ourense

A carreira absoluta arrancará ás 11:00 horas desde a Ponte do Milenio, e percorrerá un extenso circuíto urbano polas rúas Xesús Pousa, Avenida de Marín, Otero Pedrayo, Castelao, Cardenal Quevedo, Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben-Cho-Shey, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza e Avenida de Zamora, ata a glorieta da estrada de San Cibrao das Viñas, para regresar pola mesma avenida e o Progreso, concluíndo na Praza de Concepción Arenal.

A carreira do San Martiño obrigará a cortes de tráfico este domingo en Ourense

Ás 12:10 horas, sairán tamén da Ponte do Milenio as carreiras Sub18, Sub16 e Sub14. Cun percorrido máis curto, inclúe Basilio Álvarez, Avenida de Santiago, Francisca Herrera, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijóo, Lugo e Progreso, ata chegar tamén á meta na Praza de Concepción Arenal.

As categorías Sub12 e Sub10 comezarán ás 12:50 e 13:05 horas, respectivamente. As saídas serán igualmente desde a Ponte do Milenio e chegada na Ponte Romana, tras pasar por Basilio Álvarez e a Avenida das Caldas.

Finalmente, a carreira inclusiva iniciarase ás 13:20 horas, con percorrido por Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Romana e Pardo de Cela, onde se situará a meta.

A Policía Local recomenda evitar o uso do vehículo privado durante a mañá do domingo e planificar os desprazamentos con antelación. A maior parte das rúas do centro e das zonas da Ponte e o Posío estarán afectadas polos peches temporais ao tráfico.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.