Unha manifestación en Ourense provocará cortes de tráfico no centro da cidade este xoves 15 de xaneiro, entre as 12:30 e as 14:00 horas, segundo informa a Policía Local do Concello de Ourense.
A mobilización afectará a varias das principais rúas do casco urbano, polo que o Concello recomenda evitar desprazamentos en vehículo pola zona durante a franxa horaria prevista e empregar rutas alternativas.
Unha manifestación provocará cortes de tráfico no centro de Ourense o xoves 15

A marcha iniciarase no Parque de San Lázaro, á altura do edificio sindical, e continuará polo seguinte itinerario:
- Rúa Xaquín Lorenzo “Xocas”
- Rúa do Concello
- Rúa Xoán XXIII
- Rúa do Progreso
- Rúa da Cruz Vermella
- Rúa do Paseo
O percorrido finalizará co regreso ao Parque de San Lázaro.
Peches progresivos e restablecemento da circulación
A Policía Local de Ourense realizará o peche progresivo das vías a medida que avance a comitiva, co obxectivo de garantir a seguridade tanto das persoas participantes como do resto da cidadanía. A circulación rodada irase restablecendo por tramos unha vez que a manifestación abandone cada rúa afectada.

