A cidade de Ourense sufrirá varios cortes de tráfico por mos das manifestacións do 1 de maio que impulsan as plataformas sindicais.
CIF, CUT e CCOO promoven distintas manifestacións con motivo da celebración do 1 de maio, día do traballador.
Cortes de tráfico por mor das manifestacións do 1 de maio
O dispositivo organizado pola Policía Local de Ourense implicará o peche da rúa Pardo de Cela e da rúa Progreso á altura da Praza de Abastos. Tamén pecharán a circulación na Avenida da Habana. Está prevista a reapertura destas rúas en torno ás 14h.
- Manifestación da CIG (11:30h)
Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Xaquín Lorenzo Xocas, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior - Manifestación de CUT (11:30h)
Saída da Ponte Vella, xunto ao Pavillón de Deportes, Avenida da Habana (sentido contrario), Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo, Praza do Ferro, Paz, Santa Eufemia, Tendas e Praza Maior - Manifestación de CC OO (12.00h)
Saída de Pardo de Cela, Progreso, Cruz Vermella, Paseo, Curros Enríquez, Subdelegación do Goberno.