Eventos

Cristina Pato presenta a súa novela en Ourense

A escritora Cristina Pato presenta a súa novela «No día do seu enterro» en Ourense. A presentación terá lugar durante a celebración da Feira do Libro de Ourense mañá xoves, 9 de xuño, ás 19h.

Na súa primeira novela, Cristina Pato adéntrase nas dificultades dunha familia que ten que adaptarse a unha nova realidade para saír adiante.

Cristina Pato presenta a súa novela en Ourense

Nesta novela, teñen gran relevancia os pequenos detalles. Actos e accións desinteresadas de persoas que en ocasións pasan desapercibidos. A importancia dos pequenos xestos que son capaces de transformar a sociedade.

No acto de Ourense, a escritora estará acompañada por Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega. Posteriormente, Cristina Pato realizará a presentación da novela en Vigo (27 de xuño), Santiago (28 de xuño), A Coruña (29 de xuño) e Lugo (sen data confirmada).

Cristina Pato presenta a súa novela en Ourense

A novela, editada pola Editorial Galaxia está a venta nas librarías de Galicia e tamén mediante venta online.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba