Desde o BNG de Ourense critican o uso electoralista dos bonos de 100€ que aprobou esta mañá a Xunta de Goberno Local nunha sesión extraordinaria.
«O que debía ser un instrumento ao servizo do comercio local, das autónomas e da pequena empresa de Ourense, nunha baza electoral», indica Luis Seara, voceiro nacionalista e candidato á alcaldía.
Critican o uso electoralista dos bonos de 100€
A pesar de que o pleno do concello aprobase fai dous anos por unanimidade esta liña de axuda ó sector comercial, estas se convoquen na véspera das eleccións.
Tamén lamentan desde o BNG que o goberno municipal «non tivo en conta ningunha das propostas que se fixeron desde o BNG e que buscaban un reparto máis xusto dos cartos públicos para que chegaran a todos os sectores e o maior número de negocios». Estas axudas «tiñan que estar en funcionamento desde hai anos e o alcalde fixo o posible para que foran en plena campaña electoral, o que demostra o seu grao de obscenidade política e de indecencia».